Martes, 1 de Maio do 2012
SON EG entrevista a Fuel Fandango

Fuel Fandango é un duo formado por Ale Acosta e Nita. Trátase nin máis nin menos de música de baile orgánica con tinguiduras rock, funk e flamenca.
Este enxeño xenético musical foi creado por Ale Acosta, que xa no 2004 nos sorprendeu co seu exitoso experimento Mojo Project que revolucionou a música nacional co seu xeito de mesturar a electrónica con outros estilos como o funk e o jazz. O seu alter ego é Nita, materia prima, ouro sonoro do sur que leva o flamenco na súa alma e a música negra na súa garganta.
Fixémoslles unha entrevista para que todos eles teñades a oportunidade de coñecelos un pouquiño mellor. (Ale Acosta -A- e Nita -N-)
Por que «Fuel Fandango»?
A: Gustábanos moito a palabra Fandango, que é un pau flamenco e foi do primeiro que cantou Nita de pequena, a palabra Fuel foi despois de meses e grazas a un colega, a gasolina que representa as máquinas, a electrónica que facemos e o fandango representa a música de raíz que tamén tocamos.
Como definiriades a vosa música?
A: É unha mestura de moitas cousas que nos gustan, funk, rock, blues e un chisco de flamenco, todo iso con música electrónica de baile que cobre case todos os temas.
Que grupos escoitades?
A: Moitos e moi variados, ultimamente o que máis escoitamos é Bon Iver, Feist, Crystal Fighters, Lhasa do a, Kanye West, Nicolas Jaar…
Cal é o último disco que comprastes? E o primeiro?
A: O último disco foi o de Arcade Fire en vinilo, o primeiro foi «Loser» de Beck.
Que disco recente nos recomendas?
A: O último de Bon Iver é unha marabilla, The Roots «HowIgotover» é un disco que non sae da nosa furgoneta e de grupos españois o novo de VetustaMorla, acompáñannos sempre nas nosas viaxes.
De todos os vosos concertos, Cal foi o voso favorito? Por que?
A: Hai moitos momentos especiais como o concerto de Budapest ou o primeiro en Londres, pero o da Joy Eslava en Madrid hai uns meses foi moi especial para nós.
Que soporte preferides para a música: CD, VINILO O DIXITAL?
N: Home o vinilo sempre é especial, ao meu persoalmente é o que máis me gusta, pero o CD é o que máis se usa agora e o soporte dixital está moi ben porque ofrece a posibilidade de comprar dunha forma rápida e dende calquera parte do mundo. Aínda Que sen dúbida a min, e creo que a todo o que lle guste a música, prefire ter algo físico, ao final é un recordo para toda a vida.
Onde preferides tocar en salas, teatros ou estadios?
N: A min o que máis me gusta é tocar en teatros porque se crea unha maxia especial, todo está en silencio e se aprecian máis todos os sons, ademais sempre podes levantar o público e que se acheguen a bailar contigo.
Cal é o último concerto ao que asististes?
N: Ao de VetustaMorla coa súa nova xira, vímolos en Valencia, creo que ese foi o último.
Que opinades de Myspace, spotify, facebook…?
N: Pois eu creo que as redes sociais son un instrumento moi efectivo para dar a coñecer a túa música, son gratuítos e todo o mundo pode mostrar o que fai. O que menos me gusta en xeral da rede é que calquera pode falar de forma anónima e dicir o que lle apetece, ás veces encóntraste con algún maleducado sabiondo!!
Como vos preparades antes dun concerto? Algún ritual especial?
N: Pois no meu caso intento respirar e estar tranquila, cando vexo que os nervios me poden uso Flores de Bach que me dan moi bo resultado para calmarme. Tamén quento ben a miña voz para non me facer dano e por suposto dámonos un abrazo todos para coller forzas antes de subir a escena.
Cal considerades que foi o maior cambio tras a vosa incursión neste mundo?
N: Pois home se te refires ao mundo da música, sen dúbida internet, é unha ferramenta fundamental que antes non existía e todo era moito máis lento e dificultoso.
Cal foi a cousa máis rara que vos sucedeu mentres estabades no escenario?
N: Que se nos subise un colega a tocar a batería xunto a Carlos no medio dunha canción sen avisar. Menos mal que é colega meu que se non…..
Que recomendariades aos mozos loitando por facerse un oco no mundo da música?
N: Pois que non deixen de loitar… aínda que te digan que non vales, aínda que te desesperes, se dentro de tí existen esas ganas é por algo, así que a seguir facendo as cousas con corazón e valentía!